Benvidos

martes, marzo 10, 2009

BUSCO: amante galego-falante

Trátase dunha iniciativa da universidade de Vigo para promocionalo galego. Cando lin o panfleto que traía na man a miña compañeira de piso recordoume ó artigo dos besos con língua de Sechu Sende e ós deseñadores gráficos de "yopongocondon.com". No de Sechu Sende acertei, a idea orixinal é súa... co dos deseñadores... non sei, pero parecense moito (amarelo,rosa e negro con tipografías e recursos moi actuais).

O panfleto parecese a un anuncio deses moitos que colgan nos paneis das facultades de "busco compañeiro de piso", pero un pouco mais elaborado:

"Acabo de chegar do extranxeiro e quero aprender galego. Busco unha relación comunicativa, libre e sen prexuizos. O meu alcume e amantegalegofalante."

dalleuso.com
Resposta da Leitugunha:

"Elíxeme! e prométoche: noites enteiras dándolle a língua, amenceres húmidos e xantares co mellor polbo do mundo. Bicazos forasteiro..." nunha montaxe con fondo amarelo seguindo mais ou menos a estética dos panfletos e con música dos meus vacalouriñas, que merecen ser escoitados!!

En fin, que eu xa me fixen amante, a ver se me mandan a camiseta, que é moi chula!

lunes, octubre 22, 2007

Enfermidade vírica

NOOOOOON!

Ergo ás sabas e asomo o fociño ainda cos ollos ben pechados. - Que sexa un soño – prego. Con medo coma quen teme descubri-lo home do saco na escuridade abro por fin os ollos. Hai luz. Moita luz. E pouco a pouco vaise formando a imaxe dun home de branco. - Sintoo – diceme.


Non pode ser. Non. É destas cousas que pensas que nunca che poden pasar. Non. A ti non. Ti es diferente. Nunca se está suficientemente preparado para estas noticias.


Doutor ¿Non se trabucaría? - preguntas mentres te decatas da estupidez da túa pregunta.


Decátaste de cando collichelo virus. De todo o proceso destructivo que xerou. Ata que un día xa non o soportabas mais e entonces fixecheslle unha visita o médico de cabeceira. Ese que che da unha pastilla e solucionache o problema. Pero xa era tarde. Non habia cura para eso.


O día que comezaches a falar cos zombis entraches en contacto co virus. As túas defensas eran fortes e puideron resistir en fila o ataque. Despois a falta de tempo impediuche ler. E pouco a pouco as defensas fixéronse débiles e morreron famélicas de sabiduría. Xa está. O pasotismo tirou a porta da fortaleza. E mentres descubrías o Gran Hermano 210 foi gañando terreno apaleando ás poucas que retiñan un pouco de información. A súa amiga ignorancia pelexou con el lombo con lombo.


Só quedan tres celuliñas agochadas sobrevivindo coas revistas do Faro dos domingos.


¿Canto mais soportarán a sede?

lunes, septiembre 24, 2007

Liberaçom do GRELO

Os galegos sempre fomos oprimidos. O que se nos pide con este video e que comecemos a nosa liberacion comezando polo noso Grelo. Límpando as hortas de plantas españolas invasoras e opresoras...

Letra do novo himno galego:

Que din os rumoroooosos
queremos grelos é o que din...
non diiiin outra cooooousa
porque saben moi ben o que queren
o que queren é comer grelos
Que di o aloe vera
o aloe vera e invasor
que ataca ó grelo galeeego
aloe vera vera non.
O cabazo e o cabaciiiiño
oprimen o noso grelo chusqueiriñooooo
e o espinafre e o allo francéeeees
.... (resto da letra perdida por lacazana...)

jueves, agosto 02, 2007

Vertedoiro de residuos humans

Atópome nun vertedoiro de morais. Busco a miña, a que tirei o lixo hai uns anos. Non a atopo.

Sento nunha morea de cacholas sen usar e choro. Choro bágoas de saudade. Fáltame o mais profundo da alma. Fáltame a ilusión, a esperanza, fáltame o corazón.

Sobrevivín sen el estes anos, alimentándome de instintos. Sobrevivín a liberdade absoluta e xa non son feliz. Xa aborrecín esta completa falta de escrúpulos. Agora quero recuperala miña moral, espero non atopala roida polos ratos ou esmagada pola roda dalgún camión. Atopala, tarea dificil, pois detrás de min foron moitos os que a deixaron a intemperie.

Quero quererte, non quero sentir só o lume do desexo no meu peito. Quero quererte, quero que as formigas volvan a fcerme cóxegas nos nocellos. Quero rir, volver atopar no espello a risa da inocencia. Quero estremecer cada intre no que me cólle-la man.

Porqué raio quixen medrar tan axiña?


Unha verdade a medias
17-6-2007

viernes, julio 06, 2007

Son libre...

Son un fuxido. Un militar labrego que soñou con conquistalo ceo. Son o que morreu en guerra e renaceu. Xa conseguín a liberdade.

Conseguín soltar tódalas cordas que me daban o título de escravo:

a corda dos cartos

á do sarxento

á dos curas


e maila das leis.


Agora só vivo para morrer. Xa logrei os meus obxectivos en vida.... so me queda agardar o fin en compaña do amor, a única corda que me anoda o mundo.

POR FIN LIBRE!!!



Debuxo de Vicente A. P.

lunes, junio 18, 2007

Bicos con lingua - Sechu Sende

Normalmente a primeira vez que outra persoa entra no noso corpo, ou a primeira que nós entramos dentro doutra persoa, é coa lingua. Si, pode ser que antes lle chuchemos o dedo a alguén ou que lle mordamos o lóbulo da orella, mais son as nosas linguas as primeiras que nos exploran por dentro en serio, de verdade. A nosa lingua é unha das principais vías para o coñecemento humano.


Por iso é difícil esquecer a primeira vez que lle m
etes a lingua a alguén, a primeira vez que unha lingua entra na túa boca. Porque non deixa de ser a primeira vez que lle permitimos a outra persoa entrar dentro nosa. Ao descubrirmos a nosa intimidade, coalingua expresamos a nosa identidade.



A que non sabías que durante un beixo se moven 29 músculos? E que os batimentos cardíacos aumentan de 70 para 150 e melloran a oxixenación do sangue? Si, o beixo beneficia o corazón. E ademais adelgaza. Nun bo morreo gastamos preto de 12 calorías!


Tamén é importante saber que o morreo é cousa de dous. Un morreo é un diálogo entre papilas gustativas, entre a lingua e o ceo do padal, entre o c
uspe e os dentes. E nun diálogo entre dúas persoas hai que dar e recibir, ofrecer e aceptar, avanzar e retroceder, facer ruído e gardar silencio, entrar e saír. Morrear é unha das máximas expresións da comunicación humana.


O proceso de normalización da lingua galega é un proceso comunicativo conflitivo. Os axentes sociais máis críticos denunciamos a ineficaz política lingüística da administración, o desprezo dos media ou a eficacia da escola para desgaleguizar as novas xeracións. É un proceso no que o enfrontamento e a queixa son continuos. A perda dalingua é un drama, abofé. Mais que pasaría se ligásemos o discurso da normalización da lingua ao pracer? Se falásemos desde o discurso da satisfacción e a analoxía do bico? Un pouco de h
umor tamén é necesario e podemos falar de cousas serias cun sorriso nos labios. Estabamos falando de beixoscon lingua…Eis a Guía Sexual da Sociolingüística.


1. Exixamos para a nosa lingua o mesmo pracer do que goza calquera lingua.


2. Se aínda nunca o fixeches busca alguén con quen te sintas cómoda ou cómodo e adiante! Aínda que ás veces facelo con persoas descoñecidas, así de súpeto, resulta mellor.


3. O proceso de normalización é un proceso social que parte de cada persoa e que se basea no intercambio de comunicacións. Podemos facer moitas cousas en solitario…, mais non nos podemos morrear a nós mesmas.


4. Se teu pai e túa nai non che aprenderon nin che dixeron como se fai, non pasa nada… Aínda estás a tempo de aprender pola túa conta.


5. Sobre este tema sempre houbo –e hai– tabús, falsos mitos, pouca información e moita ignorancia… Pasa dos prexuízos doutros tempos e adiante.


6. Hai xente á que lle gustaría probar porque intúen que lles vai gustar mais..., dálles corte! Non te acovardes, desinhíbete e goza coalingua.


7. Aínda hai xente que pensa que darlle á lingua non é fino e xente que pensa que é un pouco vulgar…. He, non teñen nin idea!


8. A lingua é un instrumento imprescindíbel para relacionármonos, integrarnos, darnos a coñecer e coñecer xente. Sen non usas a lingua fechas portas. Non sexas pechado ou pechada.


9. Pode ser un rollo dunha noite. Ou unha relación para toda a vida.


10. A eficacia da lingua depende da práctica. A lingua mellora co uso. Ninguén nace aprendido!


11. Hai persoas que teñen problemas psicolóxicos que lles impiden darlle á lingua con normalidade. Eses problemas –identificados pola Sociolingüística como diglosia, autoodio…– teñen solución.


12. Hai persoas que teñen problemas ideolóxicos que dificultan ou impiden o uso natural da lingua. Esas problemas teñen máis difícil solución…


13. Isto tamén é un feito cultural. Respecta a cultura da túa sociedade. Se vivísemos no polo norte entre esquimós sería normal dármonos os beixos chocando o nariz.


14. Hai persoas que consideran que a súa lingua é máis útil, máis áxil, máis atractiva e mellor. A ignorancia non ocupa lugar.


15. O morreo, como a lingua, non diferencia ás persoas, é democrático: non debe discriminar por idade, raza, sexo, clase social ou lugar de nacemento.


16. É bo para a saúde e para a túa calidade de vida persoal e social. Unha habilidade necesaria no mundo de hoxe.


17. Hai quen pensa que son as linguas as que lles dan prestixio ás persoas cando realmente somos as persoas as que prestixiamos ou desprestixiamos a nosalingua. E se nós non valoramos a nosa lingua, quen o vai facer?


A lingua é a mellor forma de descubrirnos e descubrir outras persoas. O mellor é ter como obxectivo vivir a nosa lingua como a nosa sexualidade: de forma libre, satisfactoria, consciente, responsábel e saudábel. Con normalidade!

Da relación da Sociolingüística co sexo oral falaremos noutro momento.

lunes, mayo 28, 2007

É a hora

Só me quedan uns minutos. Pronto será 16 de maio e poderei sei encarceada, entrar en discotecas e mercar legalmente alcol. Entrar en sex shops, votar e doar sangue. Tamei poderei vivir soa, denunciar, firmar follas de reclamacións, dereitos de imaxe...

Que alegría! Canto me vou divertir! (estou a ser completamente irónica).

Sempre imaxinei este día como un estoupido de rebeldía, alcol e sexo. Nunca imaxinei que o día no que comeza a miña vida como cidadá con voz e voto, sería tan vella, que estivera tirada na cama cun boli e morta de sono.

Eu, a que dicía que a vellez era otra infancia na que comer potitos e xogar, estou tirada, esbarrigada, agotada físicamente, adormecida, estresada...

Mañá hai exame de Historia. Moi entretido (outra ironía).

Agora que o penso, nunca fixen ningunha trasnada de pequena ou adolescente. Nunca me tirei costa abaixo nun contedor do lixo, nin rompín unha farola. Non lle pinchei ás rodas o coche do de Mate nin fixen estoupar algo no laboratorio de química. Sempre fun unha rapaza bastante exemplar.

Menudo desperdicio de anos!!!!

Despidome dende nena. Verémonos no extraño país dos adultos.

15-5-2007 ás 11:45

viernes, marzo 09, 2007

Meme Literario: Follas Novas

Agora lévase coller un libro, abrilo pola 123 e copiar no blogue o que di. Dín que é unha maneira de incentivala lectura. Por probar...

A min chegoumea nova por pomba de correos dunha posteadora e estou dándolle escobazo a canto libro atopo por diante. Este é un anaco de Follas Novas de Rosalia, en concreto da vella que estaba xorda. Na miña edición aparece na 123...

"Y antramentras
Qu'esto dí, vais'arrimando
Ô Iume moy compangueira
C'os outros probes, e fura
Por antr'eles, por antrelas.

[p. 183]

Brinca por riba d'o cego,
E que queiras, que non queiras,
Sempre tembrando de frio
E orda como un-ha pedra,
Segun di, n'o mellor sitio
Con moita homildá se senta
E arrima un mando de lume
Pr'ond'ela está.
—¡Ey, miña vella!
Mire qu'hay mais que vostede
Aquí: ¡que comenenceira
Parece!... —lle di outro probe
C'un-ha cara de desteta
Nenos.
—¿Cómo di, meu fillo?
(Sorrindo reprica ela
Sentándose mais a gusto)
Eu de calquera maneira
M'amaño; qu'asi n'o ceo
M'amañe el Señor ...
—¡Bah! seica
Quer facer mofa d'a ente...
¡Poche! c'o
uncras d'a vella!
Mesmo parece un espeto.
—¿Si quero un neto ña prenda?
Si m'o desen inda pode
Que pouco a pouco o bebera,
Pois teño moita sediña,
E fame, e frio...
—¡Rabéa!"

sábado, marzo 03, 2007

Ás máquinas presentanse a castings?

Son superiores, en tódolos sentidos (comezando polos tacóns). Sempre se dixo que os robots están por riba dos simples humáns. Sábese que son perfectos e que ás súas imperfeccións débense a mans inexpertas. Son superiores.

Eu e unha cadeira, un cento de miradas metálicas dispararon sen medo á miña noca. Devolvinlles a mirada e pensei: ¡Canto avanzou a tecnoloxía! Sorrín e seguín lendo ignorando que ós androides son quen de facer unha revolución dende abaixo (comezando polos pés). Dubidei, éra a única que se pegara un voltio polo casting, dixéronme que agardara canda ás demais pero alí estaba só eu. Estaba claro que non ía ter competencia.

Despois duns minutos chegou un home barbudo e tras del un par de rapazas mais. Presentouse como o director do casting e chamou a primeira. Xa estaba de pé cando un dos robots cobrou vida. Fitou para min e dixo: “mi”. Quedei abraiada. Acabábaseme de coar un fato de osos metálicos con perlas e saia a lunares. E non foi o único, tras deste foron tódolos demais. Parecía unha parva vendo como tódos aqueles pasaban por diante da cámara e falaban con palabras inusuais como “darlin” ou “cul”. Acerqueime cara as dúas rapazas que viñeran co gicho e pregunteilles se esto era un casting para un papel de ciencia-fición, miráronme raro e dixéronme que era para unha peli de medo.

Entendino todo e marchei. Non podo competir con seres perfectos, e menos nunha peli sobre invasions de robots.

Dúbidas: moda, robots, ás "guays"

lunes, enero 22, 2007

Manolito

É curioso, o nome Manuel, Manolo e derivados son os nomes máis abundantes en España, e como consecuente en Galicia. Manolito é o famoso Catrollos de Elvira Lindo e mailo seu pai, tamén Manuel foi un dos irmáns Machado, poeta de recoñecida fama, e así poderíamos seguir ata completar incansables nomes de celebridades da Formula1 ou do mundo da música. Nembargantes, un Manolo, ou Manolito que pasou mais desapercibido foi un amiguiño de Mafalda. No Faro do domingo apareceu unha referencia a este galego perdido nas páxinas dun comic, que como tantos, son descoñecidos para as novas xeracións geimvoi.

Según parece, este condeado participou ou aproveitouse da imaxe, xa polo entonces ben formada e deformada, dos galegos. Este pequerrecho está pensado como caricatura dun amigo do debuxante de Mafalda, ou eso se escoita por ahí, e o parecer asemellanse bastante. Ben, pois o Manolito de Mafalda resulta ser un persoaxe materialista que o único polo que sente interese é polos cartos, moitas frases (que saquei de Internet e das que vou sacar a tradución automática vía “miña-cachola”) exemplifican isto: “Ninguén pode amasar unha fortuna sen facer fariña ós demais”, “ Fálase moito de depositar confianza, pero ninguén di o interés que pagan”. Pero nin qué decir ten que os galegos tamén somos tenros e cariñosos (outro topicazo dos que non viron os “peaso” insultos da terra), e tamén Manolito o é. Os seus amigos están por riba dos cartos: “o negocio é o negocio, pero os amigos son os amigos”.

Estos topicazos recordanme que hai uns meses en Yahoo! Respuestas, algún españolito preguntou porqué os galegos tiñan fama de estúpidos, o certo é que non souben como contestarlle, desexaba mandarlle unha labazada on-line. Moitos contactos do msn mandanme as vegadas emilios con chistes, e de cando en vez polo medio hai algún galego solto. E falando de chistes (xa sabemos todos que en galego quedan mellor), contaronme un co que escachei coa risa… bah, non o conto que eu non teño gracia.

Pois para rematar diremos que ainda que fose un galego moi topico, o Manolito este tiña a súa gracia.

Deixo links: aquí, aquí, aquí e aquí.

domingo, enero 21, 2007

CAIXÓN DESASTRE I

Non é propio de mín coller un milleiro de anotacións e xuntalas sen coherencia.

Cando se me ocorre algunha cousiña, unha frase ou unha expresión da rúa dame algo no que cavilar anotoó no meu caixón desastre personal, un arquito de Word que chamo Ideas.doc e que está no escritorio sempre a man. Últimamente está moi cheo e hoxe decidín baleiralo. Velaquí o revoltallo:

* A paz, esa ilusión creada por multiples estados de ambigüedade.

* - ¿Seguen a existir fundacions?

- ¡Dende logo! A propia sociedade actual é una inmensa fundación, unha nube, unha cortinaxe, un velo de Maia que deforma ou transorma a visión da realidade.

* En fin, o que teña que pasar pasará…

* A historia de España formana as historias de cada recuncho.

* Perica, unha burra simpática que escoitou tantas historias da guerra coma min.

* Chega a se-lo que es; realizate a ti mesmo.

Dicen que nada é expontaneo, que todo ten un fin lóxico e que os dejavi non son mais ca imaxinacións. Así que todas estas frases e anaquiños deben ter un porqué na súa orde.

jueves, enero 11, 2007

MoRaL

Qué se pode facer por cartos?ou mellor aínda: Qué nois permite a conciencia facer por cartos?

Temos un caso próximo: a rapaza de Arcade que posou na Interviú despois de sair do cárcere. Existen múltiples opinións: que é horrible o que fai, que está ben, que cada quen co seu corpo fai o que queira, que os cartos xustifícanno todo, que o que fai é “aproveitala fama instantanea”. Estas últimas fanme pensar neses ‘realitixous’ como o Gran Irman, Operación Triunfo ou demais lixo televisivo que moven audiencias imposibles e que, en consecuencia, páganse moi ben. Tamén me lembran a fama excesivamente curta que acaba por esgotarse noutras tantas horas de programas rosas.

O tema que nos ocupa trátase dun tema moral. A moral é ese garda civil que personal que che impón normas non escritas. Con cartos podemos viaxar, ter unha calidade de vida excelente, mercar canto vicio se nos apeteza... podemos incluso mercar un anaco de universo (recordade a venda de estrelas). Non son estas tentacións dabondo como para desexalos cartos? Estas tentacións son os pilares da nosa ambición: cando temos un dedo quermolo brazo e aspiramos ó corpo enteiro.

Hoxe por hoxe os cartos atópanse baixo as pedras sempre que estemos dispostos a collelo rifle e matar a ese garda persoal que chamamos conciencia. Queres cartos? Só precisalo Photoshop e unha historia con algún famoso algo crible; darlle de golpes a un vello, gravalo e colgalo na internet...

Está visto que cada día as papeleiras recollen mais conciencias mortas ca chicles. E eses gardas persoais andan a rañala barriga en lugar de facer cumplila sinxela norma do respeto.

Consideramos esto un problema?

jueves, enero 04, 2007

Busco III (DESESPERANZA)

Busco terra de ninguén;

busco un recuncho de soidade,

un lugar onde a paixón

non se torne saudade.

Busco na mais un minuto

que non mo poida roubar naide.

Busco a paz imposible.

Busco falar de balde.

Busco abafada un kitkat,

unha parada do tempo.

Busco un micro onde opinar,

un micro que non leve o vento.

Quero subilo monte e berrar.

Quero que alguen me escoite

(que me tomen por tola tanto da

Quero andar coma os loucos de noite).

Non sei onde chega

a desgraza da cordura.

Non coñezo os límites

da vinganza escura.

Só pido por reises:

unha ducia de atención,

un puñado de saúde

que mateña vivo o corazón

(porque á cabeza non hai que facerlle). 1-1-07

jueves, diciembre 28, 2006

25 anos?

Unha imaxe: a silueta dunha guitarra debuxada por un foco de luz.

Trátase do concerto de Siniestro Total con motivo do seu XXV aniversario no Salesianos. Cancións coas que me criei resucitaron nos meus oidos: “Bailaré sobre tu tumba” e “Miña terra galega”. Son esas que recordo con mais cariño. Antes de comezar o concerto as cervexas xa estaban esgotadas e alguns petardos rezagados dos meus amigos quedaron sin entrada. Eu, a pobre pequena do grupo e posiblemente do concerto tamén, limitabame a desfrutar das cancións destes meus veciños e da sua vitalidade. Sorprendeume gratamente os continuos xestos comunistas asi como o himno final de a Rusia Sovietica.

Dicir que sempre mantiven unha relación moi estreita coa música, en especial co rock xa que fun criada con “Sufre mamon” e “Bienvenidos”. Polo de agora xa lles fixen algunha visita a todos os grupiños da miña infancia agas a Miguel Ríos, quen non se dignou a aparecer en Lampazas e que fixo que agarrase un gripon que me durou medio veran .

Para rematar:

- Deixalo Link a páxina de Siniestro Total.

- Nomear a frase da pequerrecha artista Rakelita “[...]pones el CD..enciendes la microcadena,subes el volumen alcanzando casi el lineal de dolor y sientes como cada nota entra dentro de ti...la música siempre esta hay..nos da mucho y nos pide poco ( por no decir nada) Ella te da esperanza,te comprende,crea un camino cuando no lo hay, se vuelve un himno, se vuelve un grito de libertad[...]”

- E dar un efusivo saudo a gravata vermella de Oscar Avendaño.

domingo, diciembre 24, 2006

Benvido

Welcome heredeiros de língua! Agora conseguín un blogue integramente en galego. Agardo que se colabore como é debido neste pequeno recuncho da web.

E para comezar... comecemos cunha cancionciña da Banda de Poi. Un grupazo que coñecín este verán no festival do castro de Pantón:

A banda de Poi - Welcome to spain

Cheguei a Galiza á sua beira norte tres séculos pasaram tras a minha morte o fantasma de Poi sobrevoa as casas espía aos políticos estuda o que se pasa que grande surpresa a terra mudara o galego era unha lingua extranha os músicos tocabam música feliz gaitas escocesas, os hits de Madrid. Bienvenido a Galicia Welcom to Spain comunidad Autónoma Made in USA [...]