Benvidos

lunes, mayo 28, 2007

É a hora

Só me quedan uns minutos. Pronto será 16 de maio e poderei sei encarceada, entrar en discotecas e mercar legalmente alcol. Entrar en sex shops, votar e doar sangue. Tamei poderei vivir soa, denunciar, firmar follas de reclamacións, dereitos de imaxe...

Que alegría! Canto me vou divertir! (estou a ser completamente irónica).

Sempre imaxinei este día como un estoupido de rebeldía, alcol e sexo. Nunca imaxinei que o día no que comeza a miña vida como cidadá con voz e voto, sería tan vella, que estivera tirada na cama cun boli e morta de sono.

Eu, a que dicía que a vellez era otra infancia na que comer potitos e xogar, estou tirada, esbarrigada, agotada físicamente, adormecida, estresada...

Mañá hai exame de Historia. Moi entretido (outra ironía).

Agora que o penso, nunca fixen ningunha trasnada de pequena ou adolescente. Nunca me tirei costa abaixo nun contedor do lixo, nin rompín unha farola. Non lle pinchei ás rodas o coche do de Mate nin fixen estoupar algo no laboratorio de química. Sempre fun unha rapaza bastante exemplar.

Menudo desperdicio de anos!!!!

Despidome dende nena. Verémonos no extraño país dos adultos.

15-5-2007 ás 11:45

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non somos nada, xa o dicía meu avó que, á súa vez, o deprendera do seu.
Un tal Goethe, non sei se en persoa ou a través de Mefistófeles, seica dixo que a vellez non nos volve nenos; aínda nos atopa nenos (por inmaduros.
O peor de todo é que nos vai atopar podres. Pero tranquila, para iso aínda che queda moito.