Benvidos

jueves, diciembre 28, 2006

25 anos?

Unha imaxe: a silueta dunha guitarra debuxada por un foco de luz.

Trátase do concerto de Siniestro Total con motivo do seu XXV aniversario no Salesianos. Cancións coas que me criei resucitaron nos meus oidos: “Bailaré sobre tu tumba” e “Miña terra galega”. Son esas que recordo con mais cariño. Antes de comezar o concerto as cervexas xa estaban esgotadas e alguns petardos rezagados dos meus amigos quedaron sin entrada. Eu, a pobre pequena do grupo e posiblemente do concerto tamén, limitabame a desfrutar das cancións destes meus veciños e da sua vitalidade. Sorprendeume gratamente os continuos xestos comunistas asi como o himno final de a Rusia Sovietica.

Dicir que sempre mantiven unha relación moi estreita coa música, en especial co rock xa que fun criada con “Sufre mamon” e “Bienvenidos”. Polo de agora xa lles fixen algunha visita a todos os grupiños da miña infancia agas a Miguel Ríos, quen non se dignou a aparecer en Lampazas e que fixo que agarrase un gripon que me durou medio veran .

Para rematar:

- Deixalo Link a páxina de Siniestro Total.

- Nomear a frase da pequerrecha artista Rakelita “[...]pones el CD..enciendes la microcadena,subes el volumen alcanzando casi el lineal de dolor y sientes como cada nota entra dentro de ti...la música siempre esta hay..nos da mucho y nos pide poco ( por no decir nada) Ella te da esperanza,te comprende,crea un camino cuando no lo hay, se vuelve un himno, se vuelve un grito de libertad[...]”

- E dar un efusivo saudo a gravata vermella de Oscar Avendaño.

1 comentario:

Pobretolo dijo...

Siniestro! Son xeniais!
eu mamei deles dende o berce, a miña avoa cantabame que les corten los huevos pra durmir e todo! non cansarei deles jejeje!
Non coñecia este blog teu, encantame!